Implantes dentais sen dor en Lugo: a nova maneira de recuperar o teu sorriso

¿Qué son os implantes dentais e por que son a mellor opción?

Un implante dental é unha peza de titanio que substitúe á raíz dun dente perdido. Sobre el colócase unha coroa que devolve tanto a estética como a funcionalidade da boca.
As vantaxes principais son:

  • Durabilidade a longo prazo.
  • Sensación natural, igual que un dente propio.
  • Posibilidade de mastigar e sorrir con total confianza.
  • Protección do óso maxilar, evitando a súa perda.

O medo á dor: un dos principais freos para os pacientes

Moitas persoas evitan acudir ao dentista por medo á dor. Esta percepción está asociada a experiencias antigas, cando a implantoloxía era máis complexa e agresiva.
Hoxe, grazas aos avances, os implantes dentais pódense colocar con molestias mínimas.

Na nosa clínica en Lugo aplicamos tres claves para logralo:

  1. Planificación dixital 3D: permite estudar cada caso con detalle antes de intervir.
  2. Técnicas mínimamente invasivas: incisións máis pequenas e recuperacióis máis rápidas.
  3. Anestesia avanzada e acompañamento constante: para que o paciente se sinta tranquilo en todo momento.

¿Qué significa realmente “implantes sen dor”?

Non se trata só do momento da cirurxía, senón de todo o proceso:

  • A primeira visita é de escoita, explicación e planificación.
  • Durante a intervención, empregamos anestesia eficaz e segura.
  • O postoperatorio contrólase con medicación adaptada a cada paciente, minimizando molestias.

A doutora María Núñez Otero (@merynuot) e o seu equipo estable, sen rotacións, acompañan en cada fase, explicando con claridade o que vai pasar. Isto é clave para reducir a ansiedade e ofrecer confianza.

A tecnoloxía como aliada: planificación dixital

Na Clínica Núñez Otero utilizamos escáneres intraorais e software de planificación dixital. Isto permítenos:

  • Visualizar con precisión o estado do óso e dos dentes veciños.
  • Deseñar a colocación do implante antes da cirurxía.
  • Reducir tempos de intervención.
  • Garantir resultados máis predecibles e seguros.

A combinación de tecnoloxía + experiencia tradúcese en tratamentos máis rápidos, cómodos e fiables.

Preguntas frecuentes sobre implantes dentais

¿Dóe colocar un implante dental?

Non. O tratamento realízase con anestesia local e técnicas mínimamente invasivas. O paciente non sente dor durante a cirurxía.

¿Cal é a duración dun implante?

Se se coida ben, un implante pode durar décadas. É fundamental manter unha boa hixiene e acudir ás revisións periódicas.

¿O postoperatorio é molesto?

As molestias son leves e manexables con medicación. Moitos pacientes retoman a súa vida habitual en 24-48 horas.

Cal é o prezo dun implante en Lugo?

O custo depende do caso, do número de implantes e das necesidades de cada paciente. Na nosa clínica ofrecemos opcións de financiamento adaptadas.

O papel do paciente: prevención e coidados

O éxito dun implante non depende só da técnica, tamén dos coidados posteriores:

  • Hixiene oral diaria con cepillo e fío interdental.
  • Revisióis periódicas na clínica.
  • Evitar tabaco, xa que aumenta o risco de complicacións.

A filosofía da Clínica Núñez Otero

A nosa directora, a doutora María Núñez Otero, ten unha filosofía clara: “a odontoloxía debe ser honesta, transparente e sempre centrada no paciente”.
Por iso, traballamos cun equipo multidisciplinar estable, sen rotacións, que garante continuidade, confianza e unha atención personalizada.

Noticias relacionadas con implantes dentales

La Dra. Núñez Otero es Milagrosista del Año 2025

La Dra. Núñez Otero es Milagrosista del Año 2025

Reconocimiento a la Dra. Núñez Otero como Milagrosista del AñoNuestra directora, la dra. María Núñez Otero, también presidenta del Colegio Oficial de Odontólogos y Estomatólogos de Lugo (COEL), ha sido distinguida con el premio Milagrosista del Año por la Asociación...

La Dra. Núñez Otero, cum laude por su tesis en implantología

La Dra. Núñez Otero, cum laude por su tesis en implantología

La Dra. Núñez Otero, cum laude por su tesis en implantología La Universidad de Santiago de Compostela concede su máxima calificación académica a la investigación doctoral de la Dra. María Núñez Otero, centrada en la percepción de los pacientes tras la rehabilitación...